Noticias de Interés General

Presentación del libro "Estriba y Trincaje de mercancías en contenedor"


Organizada por el Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia en su Delegación de Vigo

libro_estriba-y-trincajeLa presentación será el 18 de junio a las 19.30 horas en la Delegación del Colegio en Vigo (Avenida das Camelias, 2 – entresuelo). La entrada es de carácter gratuito y las plazas son limitadas, con preferencia colegiados y/o asociados. El autor de la obra es Francisco Fernández Sasiaín, Ingeniero Industrial, director de operaciones en Progeco Vigo, S.A. y experto en comercio y logística internacional.

El comercio internacional se realiza mayoritariamente en contenedores que se transportan cada año en cientos de millones de viajes. Tal magnitud en la cadena logística de transporte requiere unas estrictas condiciones de seguridad, en las que la estiba y la sujeción de las mercancías desempeñan un papel fundamental.

Este libro es una guía imprescindible para optimizar la estiba y conseguir una sujeción adecuada de las cargas en el contenedor, con lo que se reducen los costes logísticos, se evitan siniestros y aumenta la seguridad en el transporte. Para ello, el autor toma como referencia las normas y recomendaciones de la OMI, la OIT y la ONU con mayor difusión internacional, los códigos CSS y CTU de 1997, e incorpora todas las novedades del código CTU de 2014.

Leer más...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca os premios literarios “Rosa de Cen Follas”

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca a sétima edición dos premios literarios “Rosa de Cen Follas”. Os autores e autoras que desexen participar teñen que remitir os seus textos orixinais, escritos en lingua galega, antes do vindeiro 13 de xuño.

Os galardóns contan coas categorías de lírica e narrativa. As obras que concorran deben ser inéditas e non premiadas con anterioridade e a súa temática é libre. Deberán ter unha extensión máxima de dúas páxinas, escritas por unha soa cara. Os premiados e premiadas recibirán 250 euros en cada categoría, ademais dun agasallo conmemorativo do concurso.

O xurado estará composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, ademais de dous compoñentes de recoñecida traxectoria no mundo da cultura e das letras.

As bases completas do certame poden atoparse na páxina web do COPG www.cop.copgalicia.org.
 

O COPG aborda técnicas innovadoras

O COPG aborda técnicas innovadoras baseadas na percepción sensorial para as terapias

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014.-  Algunhas das aplicacións de recente incorporación ás intervencións con pacientes serán obxecto de análise para os asistentes ao “Obradoiro: Técnicas Innovadoras na Práctica Psicolóxica”, organizado pola Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. A actividade formativa vaise celebrar o vindeiro 24 de maio, en horario de 11:00 a 18:00 horas, no Centro SOFROS (Avda. Dos Pazos 111-113, Camos-Nigrán).

O obxectivo principal deste curso é a adquisición de estratexias de avaliación e tratamento baseadas no manexo dos sentidos das persoas, como un instrumento que contribúa ao seu propio benestar. Os e as asistentes ao obradoiro aprenderán a poñer en valor sabores, olores e cores que rodean ao individuo e lle achegan calidade de vida. Tamén traballarán con elementos enriquecedores como a música e o ioga, ámbolos dous aplicables dentro da práctica psicolóxica.

Leer más...

Psicólogos e psicólogas de emerxencias fórmanse

Psicólogos e psicólogas de emerxencias fórmanse sobre as técnicas de autocoidado que precisan tras as súas intervencións

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para os vindeiros días 23 e 24 de maio unha actividade formativa destinada aos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Trátase dun curso teórico-práctico orientado ao autocoidado de intervenientes destinado, neste caso, a aquelas persoas que traballan en situacións de emerxencias (coidado de coidadores/as).

Os principais obxectivos deste curso son coñecer os riscos da intervención en emerxencias e os recursos de afrontamento cos que conta cada persoa e o equipo no seu conxunto; minimizar o impacto dos riscos psicosociais e favorecer a activación dos recursos propios, así como a adquisición de novas habilidades. Para conseguir isto empregarase unha metodoloxía grupal e participativa.

Leer más...

O Movemento Galego da Saúde Mental advirte

O Movemento Galego da Saúde Mental advirte de que o plan de peche da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Gil Casares segue activo

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014.- Malia que se paralizou o plan das autoridades do SERGAS co que se pretendía pechar a Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Gil Casares de Santiago, o Movemento Galego da Saúde Mental advirte de que esta situación non é definitiva. Se ben é unha boa nova que se detivese o peche, grazas á firme oposición do sector profesional e da cidadanía que se foron sumando en contra dese plan, o Movemento ten coñecemento de que o plan de peche permanece activo.

Foron as fortes razóns nas que se fundamentaron para opoñerse profesionais e usuarios, así como o acceso e desvelamento dos datos e proxectos dos xestores, os que lograron que as autoridades retrocedesen nese obxectivo tan inaceptable. Pero desde o Movemento Galego da Saúde Mental aseguran que teñen datos fundados (ca mesma certeza que cando informaron de que os datos de ocupación do 50% eran falsos) que o plan de peche permanece activo, que prevén nos tempos inmediatos unha aplicación sistemática de medidas para desocupar progresivamente camas e logo “bloquealas” (na curiosa terminoloxía xerencial), e que finalmente intentarán pechar a Unidade cando alcancen a cantidade de “camas inactivas” que necesitan para argumentar o que pretenden. Nese plan as necesidades e os dereitos sanitarios non están a ser considerados, o obxectivo é meramente o de cadrar os balances. Desde o Movemento, do que forma parte o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, advirten de que prestarán moita atención a esta situación para tratar de impedila.

Leer más...

El Gobierno de Canarias defenderá “a capa y espada” la colegiación obligatoria, asegura Teófilo González El director general de Relaciones Institucionales apoyó ayer ante la Asamblea General de Upcan la garantía que ofrecen los colegios profesionales a

El director general de Relaciones Institucionales apoyó ayer ante la Asamblea General de Upcan la garantía que ofrecen los colegios profesionales a la sociedad

 

Upcan
Miembros de Upcan
Santa Cruz de Tenerife, 9 de mayo de 2014.-  El director general de Relaciones Institucionales del Gobierno de Canarias, Teófilo González, invitado a participar en la Asamblea General Ordinaria que celebró ayer Unión Profesional de Canarias (Upcan), se erigió en el  más firme defensor de la colegiación obligatoria de los profesionales canarios, y aseguró que apoyará ante el ejecutivo autonómico esta tesis.

Recordó el posicionamiento “contrario y crítico” con el anteproyecto de ley de Colegios y Servicios Profesionales, que le fue remitido el pasado año por el Ministerio de Economía, al que se hicieron las aportaciones y alegaciones de los colectivos consultados en las islas. Por lo que anunció que, dentro del margen que permita la futura ley, que podría ser aprobada tras las elecciones europeas, “defenderemos a capa y espada la colegiación obligatoria”. Hay que tener en cuenta que la  normativa podría hacer que sea sólo exigible la colegiación a algunos profesionales e incluso para determinados ámbitos de actuación, lo que es cuestionado por su “falta de sentido” y  porque creará colegios “de primera y de segunda” categoría, según se expuso por varios representantes de corporaciones en la Asamblea.

Leer más...

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org