Xornada sobre os beneficios da peregrinación como terapia de benestar

O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) convida a toda a comunidade da USC á xornada “Os beneficios da peregrinación como terapia de benestar. Mesas redondas e obradoiros”, que terá lugar o 7 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Humanidades (Lugo).

O evento busca analizar o Camiño de Santiago como espazo de benestar, convivencia e transformación persoal e territorial, así como reflexionar sobre o seu impacto en distintos ámbitos.

Esta actividade está co financiada pola Deputación de Lugo, a Cátedra do Camiño e o proxecto Pilgrimage as well-being therapy. Exploring mental, physical and social benefits of walking pilgrimage (PILGRIM-APHY-TOUR), seleccionado na oitava convocatoria Seed Funding da Universidade Europea para o Benestar (EUniWell).

Recoméndase confirmar asistencia enviando un correo electrónico a cetur@usc.es

Últimas noticias

Xuventude Mentoring: mentoría e emprego xuvenil

Xuventude Mentoring: mentoría e emprego xuvenil

Xuventude Mentoring: mentoría e emprego xuvenil en GaliciaA décima edición do programa Xuventude Mentoring abre unha nova oportunidade para que a mocidade titulada de Galicia desenvolva as súas competencias, amplíe a súa rede de contactos e reciba o acompañamento de...