Apoio do Ceesg á campaña "que non che rouben o corazón".

O Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia quere mostrar publicamente o seu apoio a campaña que está a poñer en marcha o pobo de Lugo cara lograr que de xeito inmediato se poñan en marcha os servizos de hemodinámica, radioterapia e mediciña nuclear..

Como profesionais dos servizos sociais consideramos que a cidadanía de Lugo ten dereito a ter os mesmos servizos que o resto da poboación galega, non se pode tolerar por máis tempo a falla de atención hemodinámica a partir das tres da tarde ou a penosa “ruta do cancro” que está a sufrir moita poboación especialmente vulnerable.

O Colexio profesional anima a todas e todos os cidadáns especialmente as/os profesionais dos servizos sociais a participar na campaña “quenonchorouben.com” e asistir a Mobilización  Cidadá que tena lugar o próximo xoves 21 de maio ás 20:30 horas na praza da Horta do Seminario en Lugo.

A educación social coa cidadanía lucense polos dereitos das persoas.

campana_ceesg

 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org