O Colexio de Xestores Administrativos e a Xunta analizan posibles vías de colaboración entre ambas entidades


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, mantiveron hoxe unha xuntanza onde abordaron posibles vías de colaboración entre ambas entidades. No encontro tamén estivo a directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto.

vicepresidenta
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar


A xuntanza de hoxe ten coma obxectivo tender pontes entre ambas institucións e identificar proxectos de interese para ambas partes co obxectivo principal de acadar unha administración mais áxil, eficiente e próxima nas súas relacións coa cidadanía.

Neste senso, a Presidenta dos xestores administrativos ofreceuse para poñer a disposición da Administración todo o coñecemento e experiencia acumulada por estes profesionais, pioneiros no uso das novas tecnoloxías (cabe destacar os procedementos de matriculación e transferencia online de vehículos que levan a cabo os xestores administrativos en colaboración coa DGT).

Case 600 profesionais O Colexio de Xestores Administrativos de Galicia agrupa e representa ao colectivo de Xestores Administrativos que exercen en Galicia, actualmente case 600 profesionais especializados no deseño dun sistema de asesoramiento
específico dirixido a cidadáns e empresas en materias fiscal, financeira, laboral, inmobiliaria, notarial e de prevención de riscos laborais, entre outras.

Os xestores administrativos exercen en réxime de libre competencia, avalados por unha titulación universitaria e pola propia administración, que lles outorga o título oficial trala superación duns exames de acceso ou o desenvolvemento dun Máster Universitario en Xestión Administrativa.

Actualmente, para poder exercer é requisito imprescindible a colegiación, que, entre outras esixencias, obriga ao cumprimento dunhas normas deontológicas e garante ante os cidadáns a solvencia dos servizos prestados.


Fuente: Gabinete de Prensa Colegio de Gestores Administrativos de Galicia
Fecha: 3 de marzo 2015

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org