A intervención psicolóxica en situacións críticas en centros educativos é clave para evitar danos engadidos ás persoas involucradas

Santiago de Compostela, 6 de novembro.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o mañá venres 7 de novembro un obradoiro sobre a intervención en situacións críticas dentro do contexto educativo, destinado aos é ás profesionais da psicoloxía que desempeñan o seu labor neste eido.

Trátase dun obradoiro práctico que mediante o estudo e debate de casos, amosará como intervir axeitadamente nunha situación crítica dentro do contexto educativo no que poden verse involucrados tanto menores como as súas familias, profesorado, persoal non docente...

No obradoiro abordarase a evolución do concepto de morte así como as posibles reaccións dos menores ante o dó, analizaranse as intervencións en centros educativos (escolas, institutos, residencias de estudantes...) máis relevantes levadas a cabo polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Tamén se presentará unha guía para o asesoramento e a intervención nunha situación crítica nun centro educativo e traballaranse diversos supostos prácticos. Rematarase a actividade cun debate coas achegas de todas as persoas participantes.

As encargadas de impartir o obradoiro serán Julita Mª Touriño Araújo e Leonor Galiana Caballero, psicólogas, membros do GIPCE e que forman parte do grupo de traballo para a elaboración do protocolo de actuación en situacións críticas para centros educativos.

 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org

Â