VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía

O Ceesg e a Facultade de Ciencias de Educación da Unversidade de Vigo (Campus de Ourense) estamos a organizar a VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía. Serán en Ourense o vindeiro 1 de outubro en Ourense.

jornadas_XerontoloxiaBaixo o lema Boas prácticas: profesionalización e experiencias xeragóxicas, realizamos un programa a través do cal pretendemos difundir o papel da educación social na xerontoloxía, promover as boas prácticas e a profesionalización neste ámbito, e coñecer novas ferramentas e recursos para as/os profesionais que traballan con persoas maiores.

A iniciativa desta xornada parte do GEIX (Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica del Ceesg), que asumiu a organización, e que pon todo o seu entusiasmo para que vaia todo sobre rodas.

No programa haberá representación da Comisión Permanente de Envellecemento activo, ALV e Interxeracional do CGCEES, xa que contaremos coa súa coordinadora, Marichu Calvo, como membro do comité organizador, como relatora no acto de apertura e como dinamizadora dun dos talleres do "mosaico de experiencias".

Tamén contaremos como relator e membro do comité científico con Quico Mañós, de sobra coñecido no ámbito xerontolóxico, así como con representantes de entidades autonómicas e personalidades académicas vinculadas ao traballo con persoas maiores.

E entre outros relatores e relatoras, estará tamén Manuel Ojea, experto de recoñecido prestixio en Trastorno do Especto Autista.

Será unha xornada aberta á participación, pois contémplase a posibilidade de presentar comunicacións libres sobre experiencias de boas prácticas en educación xerontolóxica. As/os autoras/es das comunicacións aceptadas poderán asistir gratuítamente a toda a xornada.

Descargar programa, prezos, forma de inscrición, etc.

Normas para presentar comunicaciónsNormas para presentar comunicacións

Máis información sobre o curso

Se non funcionan correctamente os enlaces, podes consultar a nova directamente en
www.ceesg.org

 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org

Â