Profesionais da psicoloxía en Galicia afondan na avaliación neuropsicolóxica

Profesionais da psicoloxía en Galicia afondan na avaliación neuropsicolóxica da memoria grazas ás escalas de Wechsler    

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para os vindeiros días 28 de febreiro e 1 de marzo o curso “Avaliación neoropsicolóxica da memoria a través das escalas de Wechsler”. Trátase dunha actividade formativa impartida polos especialistas en Psicoloxía Clínica Jorge Bajo Lema e Vanessa Vilas Riotorto.

O obxectivo desta iniciativa é actualizar e afondar nos coñecementos en avaliación neuropsicolóxica da memoria a través das escalas de Wechsler. Esta metodoloxía é de grande utilidade nas avaliacións neuropsicolóxicas, xa que permite realizar unha análise polo miúdo de aspectos clinicamente relevantes da memoria.

Trátase dunha proposta moi completa, xa que na súa metodoloxía, faise énfase nos aspectos prácticos, mediante a exposición e discusión de casos clínicos.

O curso comeza unha serie de programas monográficos que se imparten desde unha perspectiva aplicada, dentro do programa de formación continuada en Neuropsicoloxía Clínica, organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG. Os relatorios impartiranse na sede do COPG (Espiñeira 10-Baixo, Santiago de Compostela), con horario o venres de 17:00 a 21:00 horas e o sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Os docentes

Jorge Bajo Lema é especialista en Psicoloxía Clínica. Realizou a súa formación no Complexo Hospitalario da Coruña e traballou como neuropsicólogo coordinador da Unidade de Dano Cerebral do Grupo Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra. Actualmente desenvolve o seu traballo no eido privado na Coruña. É membro do Grupo de Traballo de Neuropsicoloxía Clínica da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

A especialista Vanessa Vilas Riotorto conta con formación posgraduada en Neuropsicoloxía e Demencias e experiencia no campo da Neuropsicoloxía Clínica. A día de hoxe traballa como investigadora na Sección de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Forma parte do Grupo de Investigación DESCIFRA (Grupo de Investigación en Disfunción Estriatal e Circuítos Frontais Asociados), da Sociedade Galega de Neuropsicoloxía e tamén do Grupo de Traballo de Neuropsicoloxía Clínica da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.

Más información:  Documento adjunto

 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org