Declaración Institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co gallo do día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Noticias de Interés General

Declaración Institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co gallo do día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere amosar o seu total compromiso coa erradicación de calquera agresión física, verbal ou social que sufran as mulleres ás mans das súas parellas ou ex-parellas.

Desde o COPG facemos fincapé na importancia de que as institucións e a sociedade colaboren para avanzar na tolerancia cero con todos os tipos de malos tratos. Para poder continuar loitando contra a lacra da violencia machista, reivindicamos a permanencia dun sistema de asistencia público e gratuíto, independente das variacións económicas, xa que a violencia coloca ás mulleres en situación de desprotección e inxustiza social.

Neste 2013 pretendemos facer un chamamento especial referido ás xeracións máis novas. Os últimos estudos apuntan que a violencia contra as mulleres segue moi presente entre os adolescentes. Nun mundo cada vez máis interconectado, os comportamentos violentos adquiren novas canles vinculadas ás posibilidades que ofrecen as redes sociais e a tecnoloxía 2.0.

É por iso polo que hai que situarse un paso por diante e inculcar o total rexeitamento entre os mozos e mozas a calquera actitude ou acción machista. A prevención segue a ser unha materia pendente nas familias, nas institucións e nas propias escolas.

Lembramos que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia leva máis dunha década ofrecendo programas de asistencia integral a aquelas mulleres que sofren malos tratos. Tamén desenvolvemos terapias confidenciais e gratuítas a aqueles homes que queiran rehabilitarse e deixar de exercelos.

Para que a sociedade avance é preciso deixar atrás lastres como a violencia contra as mulleres, combaténdoa de xeito activo. No COPG continuaremos traballando para contribuír coa nosa práctica profesional a que isto sexa así.

A Xunta de Goberno do COPG,  Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2013

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org