O GIPCE recolle a Placa da Honra do Mérito Civil concedida pola S.M. o Rei polo seu traballo na traxedia ferroviaria de Angrois

Noticias de Interés General

O GIPCE recolle a Placa da Honra do Mérito Civil concedida pola S.M. o Rei polo seu traballo na traxedia ferroviaria de Angrois

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, que pertence ao COPG, recibe o galardón este sábado 26 de outubro, no Auditorio de Galicia.

A Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia recolle ademais este venres 25 en Murcia o Galardón da Psicología Murciana 2013.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013.- O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), vai recoller este sábado 26 de outubro a Placa de Honra do Mérito Civil, distinción outorgada pola S.M. o Rei, debido ao traballo e xestión realizados durante a catástrofe ferroviaria do Alvia.  O acto celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a partir das 11:00 horas. Ana Isabel Martínez Arranz, a Coordinadora do GIPCE, recollerá esta distinción proposta polo Ministerio de Fomento pola xenerosidade e exemplaridade amosadas durante a traxedia.

Recoñecemento do ano en Murcia

O Colegio Oficial de Psicólogos de la Región de Murcia tamén decidiu recoñecer o labor desenvolvido polo GIPCE durante o sinistro ferroviario, polo que lle entregará este venres 25 de outubro, o Galardón da Psicología Murciana 2013. Será a Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, quen recolla o distintivo, no acto celebrado a partir das 21:00 horas no hotel NELVA de Murcia.

O GIPCE

O GIPCE é un grupo formado por psicólogos e psicólogas colexiados/as que se puxo en marcha en 1996, con profesionais especializados/as na atención psicolóxica en situacións de catástrofe e emerxencia. Coa súa intervención procura minimizar o impacto nas persoas afectadas, restaurando as súas capacidades e recursos para que poidan resolver o máis eficazmente a situación de estrés e previr posibles problemas psicolóxicos posteriores. Tamén asesora á dirección da emerxencia sobre o impacto psicolóxico das súas actuacións nos colectivos afectados e intervén cos/coas profesionais e voluntarios/as para diminuír o nivel de estrés tanto durante como despois dunha intervención.

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org