Xornada sobre os beneficios da peregrinación como terapia de benestar
O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) convida a toda a comunidade da USC á xornada “Os beneficios da peregrinación como terapia de benestar. Mesas redondas e obradoiros”, que terá lugar o 7 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Humanidades (Lugo).
O evento busca analizar o Camiño de Santiago como espazo de benestar, convivencia e transformación persoal e territorial, así como reflexionar sobre o seu impacto en distintos ámbitos.
Esta actividade está co financiada pola Deputación de Lugo, a Cátedra do Camiño e o proxecto Pilgrimage as well-being therapy. Exploring mental, physical and social benefits of walking pilgrimage (PILGRIM-APHY-TOUR), seleccionado na oitava convocatoria Seed Funding da Universidade Europea para o Benestar (EUniWell).
Recoméndase confirmar asistencia enviando un correo electrónico a cetur@usc.es
Últimas noticias
Administradoras de fincas: un liderazgo compartido
Jornada "Administradoras de fincas: juntos hacia un liderazgo compartido"En el marco de la celebración del 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer, el Colegio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, en colaboración con RB Soluciones, organizó este encuentro...
Reafirmamos nuestro compromiso con el 8M
Unión Profesional de Galicia reafirma su compromiso con la reducción de la brecha salarial y laboral entre hombres y mujeres en las profesiones colegiadas con motivo del 8M.
Maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia
Maior visibilidade ás mulleres profesionais de GaliciaDesde a OIX queremos compartir a iniciativa da Xunta de Galicia destinada a dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia. Todos os días celébranse na nosa comunidade mesas redondas, xornadas técnicas,...


