Maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia
Desde a OIX queremos compartir a iniciativa da Xunta de Galicia destinada a dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia.
Todos os días celébranse na nosa comunidade mesas redondas, xornadas técnicas, foros especializados ou fanse entrevistas en medios de comunicación. Para seguir dando pasos adiante en materia de igualdade, precisamos que a voz e a experiencia das mulleres estea máis presente.
Por este motivo, a Xunta está a traballar na creación dun espazo de procura de perfís profesionais especializados en diferentes sectores, concebido como unha ferramenta práctica e aberta para facilitar a localización de mulleres dispostas a participar como poñentes, relatoras ou especialistas nos seus respectivos eidos de traballo.
As profesionais interesadas poden inscribirse de maneira voluntaria a través do seguinte formulario:
https://apunta.xunta.gal/gl/form/mulleres-profesionais-galicia
Más noticias
Sri Lanka: unha viaxe para aprender a mirar
Descubre Sri Lanka nunha expedición de 14 días con Atlántida Travel e o fotógrafo Tino Soriano. Saída o 30 de outubro de 2026.
O Nilo, Abu Simbel e Luxor nunha viaxe excepcional
Atlántida Travel propón unha viaxe de oito días a Exipto durante a ponte de decembro, con voos directos desde A Coruña e cruceiro polo Nilo.
Declaración ante os graves incendios forestais
Unión Profesional de Galicia e Unión Profesional expresan a súa preocupación polos incendios forestais e reivindican o papel das profesións colexiadas na prevención e xestión das emerxencias.


