Sumámonos á campaña «Casilla Empresa Solidaria»

Unión Profesional de Galicia súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria

Unión Profesional de Galicia, tal e como aconteceu o pasado ano, súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria, impulsada dende EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza.

Co inicio do período da declaración do Imposto de Sociedades, comeza á campaña Casilla Empresa Solidaria. Unha iniciativa que asegura que, marcando este recadro, o 0,7 % da tributación se destine a financiar proxectos sociais. É unha acción voluntaria libre e a custo cero para as empresas e coa que se apoia a iniciativas de entidades do Terceiro Sector que promoven a inclusión, a igualdade e o benestar social de todas as persoas, en especial as que están nunha situación de maior vulnerabilidade.

EAPN Galicia-Rede Europea contra a Probreza, con apoio de Unión Profesional de Galicia, difunde esta información entre os Colexios Profesionais, organizacións e empresas de calquera tipo que deben facer a declaración do Imposto de Sociedades e que teñen a posibilidade de marcar a Casilla «outros caracteres – fins sociais’, se así o consideran.
Deixando claro que:
•    Non ten ningún custo.
•    Outorgaráselle o Selo de Empresa Solidaria que acredita como empresa que busca xerar un impacto positivo

 

Más noticias

Declaración ante os graves incendios forestais

Declaración ante os graves incendios forestais

Unión Profesional de Galicia e Unión Profesional expresan a súa preocupación polos incendios forestais e reivindican o papel das profesións colexiadas na prevención e xestión das emerxencias.