11Nov.(Nov. 11)09:0013(Nov. 13)17:00Territorio vivo, ciencia no limiar: camiños emerxentes á beira da intelixencia artificial

Detalles del evento

O curso busca ofrecer unha introdución crítica á evolución da ciencia e á súa influencia na relación co territorio, situando ás persoas participantes en diferentes mapas epistemolóxicos para comprender diversos modos de coñecer na emerxencia da Intelixencia Artificial. 

Terá lugar os vindeiros 11, 12 e 13 de Novembro. Os días 11 e 13 terá lugar na sede do IBADER, no propio Campus Terra, mentres que o día 12 se celebrará na Estación Científica do Courel da USC, en Seoane do Courel.

O curso será impartido por Elsa Coímbra, doutora en ciencias sociais e educadora en ciencia rexenerativa. Elsa está especializada en enfoques epistemolóxicos participativos e transdisciplinares, deseñando e facilitando procesos de aprendizaxe que combinan tecnoloxías emerxentes e tecnoloxías interiores ancestrais para cultivar unha ciencia sustentable, integral e aliñada coa vida.

Esta actividade é financiado por parte do Laboratorio do Territorio do IBADER e o Campus Terra, e ofértanse 15 prazas de inscrición gratuíta.

Solicitudes de participación ata o 4 de Novembro cubrindo o seguinte formularioAs prazas asignaranse priorizando en primeiro lugar as persoas con titulación de Doutorado, Máster e Grao (por orde descendente), e despois por orde de inscrición.

Confirmarase dispoñibilidade de praza antes do 5 de Novembro.

Obxectivos: 

O curso busca ofrecer unha introdución crítica á evolución da ciencia e á súa influencia na relación co territorio, situando ás persoas participantes en diferentes mapas epistemolóxicos para comprender diversos modos de coñecer na emerxencia da Intelixencia Artificial. Promoverase a exploración de prácticas de ciencia participativa con enfoque relacional, reflexionarase sobre o impacto da intelixencia artificial nos paradigmas de coñecemento e realizaranse exercicios prácticos para experimentar novas formas de observar e xestionar o territorio.

Horario do curso: De 9:30 a 13:30 e 15:00 a 17:00h

Estrutura:

  • Día 1. A ciencia en contexto – resumindo a súa traxectoria histórica e epistemolóxica
  • Día 2. A persoa investigadora como instrumento – ciencia en primeira persoa
  • Día 3. O seguinte limiar – intelixencia artificial, ciencia relacional e futuros posibles

Más

Hora

11 de Noviembre de 2025 09:00 - 13 de Noviembre de 2025 17:00(GMT+01:00)