O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia nomea Colexiado de Honra a Jesús Rodríguez Rodríguez


O Ceesg celebrará o sábado 28 de marzo en Lugo a súa asemblea anual e as eleccións á súa Xunta de Goberno

Durante a xornada terá lugar o acto de nomeamento de Jesús Rodríguez Rodríguez como Colexiado de Honra da entidade

O vindeiro sábado 28 de febreiro as educadoras e educadores sociais daranse cita en Lugo na Asemblea Xeral Ordinaria do seu colexio profesional. Terá lugar pola mañá no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Neste encontro exporanse as actividades realizadas polo Ceesg durante o ano 2014, e debateranse os plans de traballo e orzamentos para o 2015. Tamén terán lugar durante a mañá as eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg, de xeito que se decidirá sobre as liñas estratéxicas que seguirá a entidade durante os vindeiros catro anos.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas celebrarase o acto público de nomeamento de D. Jesús Rodríguez Rodríguez como Colexiado de Honra do Ceesg. Esta mención honorífica supón un recoñecemento expreso do seu labor e contribucións ao desenvolvemento da profesión de Educación Social.

Jesús Rodríguez Rodríguez é profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, integrante do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, membro da Asociación de Veciños de Cabreiros (Xermade) e un estreito colaborador do Ceesg en múltiples iniciativas.

Data: sábado 28 de febreiro de 2015
Lugar: Centro de Convivencia Maruja Mallo
Horarios:
Asemblea Ceesg: 10.00 horas
Nomeamento colexiado de honra: 16.30 horas
Contacto: Tel. 981 552 206 | Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org

Â