Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Información de Contacto

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Mª Rosa Álvarez Prada
Rúa Espiñeira, 10 – Baixo
15706
Santiago de Compostela
A Coruña
+34 981 534 049
+34 981 534 049
...
www.copgalicia.es

Horario

Inverno_ do 1 de outubro ao 31 de maio
Luns a xoves_ 9.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas
Venres_ 9.00 a 14.00 horas.
Verán_ do 1 de xuño ao 30 de setembro
Luns a venres_ 8.00 a 15.00 horas

Competencias y funciones

COMPETENCIAS E FUNCIÓNS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA
(Artigos 4 e 5 dos Estatutos do COPG)

Fins
1. Son fins do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:

a) O ordenamento do exercicio da profesión de psicólogo/a en tódalas súas formas e especialidades, a representación exclusiva da mesma e a defensa dos intereses profesionais dos/das colexiados/as.

b) Vixiar o exercicio da profesión, facilitando o coñecemento e cumprimento de todo tipo de disposicións legais que afecten á profesión de psicólogo/a, e facendo cumprir a ética profesional e as normas deontolóxicas da/do Psicóloga/o, así coma velar polo axeitado nivel de calidade das prestacións profesionais dos/das colexiados/as; para iso promoverá a formación e perfeccionamento destes/as e cooperará na mellora dos estudios da licenciatura en Psicoloxía.

c) Fomentar a promoción e desenvolvemento técnico e científico da profesión e da ciencia psicolóxica, a solidariedade profesional e o servizo da profesión á sociedade.

2. O disposto no apartado anterior enténdese sen prexuízo da competencia da Administración Pública por razón da relación funcionarial.

3. Para o cumprimento dos seus fins o Colexio relacionarase coa Administración autonómica a través da Consellería competente en materia de Colexios Profesionais e con aquelas que ostenten a titularidade nos diferentes ámbitos de intervención profesional.

4. Dentro dos correspondentes marcos competenciais, o COPG poderá establecer tamén relacións con outras administracións, institucións e organismos de dentro e fóra de Galicia.

5. O COPG relacionarase igualmente con outras asociacións e colexios profesionais. Participará, asemade, no Consello Xeral de Colexios de Psicólogos do Estado Español de acordo á lexislación e normativa que sexa de aplicación.

Funcións
Para o cumprimento dos seus fins, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia exercerá as seguintes funcións:

a) Facilitar aos/ás seus/súas colexiados/as o exercicio da profesión procurando o maior nivel de emprego entre eles/as así como o seu perfeccionamento profesional continuado, colaborando coas Administracións Públicas e a iniciativa privada en canto sexa necesario.

b) Exercer a representación que establezan as leis para o cumprimento dos seus fins e, especialmente, a representación e defensa da profesión ante calquera Administración Pública, institución, tribunal, entidade e particular, podendo exercitar o dereito de petición conforme á lei e propoñer cantas reformas lexislativas estime xustas para a defensa da profesión.

c) Asumir a representación da Psicoloxía profesional galega no ámbito estatal e, no seu caso, no internacional.

d) Ordenar no seu ámbito competencial o exercicio profesional dos/as colexiados/as e das sociedades profesionais de Psicoloxía, velando para que se desempeñe dignamente e conforme a criterios deontolóxicos e con respecto aos dereitos dos/das particulares, exercendo ao efecto a facultade disciplinaria na orde profesional e colexial nos termos provistos na lei e nestes Estatutos.

e) Garantir unha eficaz organización e funcionamento colexial promovendo a participación e o funcionamento de Seccións e Comisións especializadas e fomentando as actividades e servizos comúns de interese colexial e profesional na orde cultural, asistencial e de previsión. A estes efectos poderá establecer a colaboración con outros colexios ou entidades.

f) Administrar a economía colexial mediante a elaboración e aprobación de presupostos anuais de ingresos e gastos, repartindo equitativamente as cargas coa fixación de cotas e aportacións, coas facultades de recadación e xestión necesarias.

g) Organizar actividades de perfeccionamento e actualización científico-profesional das/dos colexiadas/os na orde formativa e investigadora, tales como cursos, xornadas, congresos, publicacións, e cantas outras se orienten aos obxectivos citados, en particular ás demandas derivadas das esixencias formativas no EEES (Espazo Europeo de Ensino Superior).

h) Elaborar as normas deontolóxicas, elixir a Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e aprobar o seu regulamento de funcionamento, que se axustará ao disposto na normativa deontolóxica promulgada polo Consello Xeral de Colexios de Psicólogos do Estado Español.

i) Defender aos colexiados e colexiadas no exercicio dos dereitos que lles correspondan polo desenvolvemento das súas funcións profesionais ou con ocasión das mesmas.

j) Procurar a harmonía e colaboración entre os/as colexiados/as impedindo a competencia desleal entre eles/as, mesmo intervindo en vía de conciliación ou arbitraxe nas cuestións que, por motivos profesionais, se susciten entre elas/es, así como, no seu caso, resolver por laudo a instancia dos/das interesados/as as discrepancias xurdidas no cumprimento das obrigas dimanantes do exercicio da profesión.

k) Adoptar as medidas conducentes a evitar o intrusismo profesional denunciando e perseguindo ante a Administración e os Tribunais de Xustiza os casos que sexan coñecidos pola Xunta de Goberno.

l) Establecer táboas de honorarios por actos profesionais, que terán carácter meramente orientativo.

m) Informar, nos termos provistos nas disposicións aplicables, os proxectos de lei e disposicións de calquera outro rango que se refiran ás condicións xerais do exercicio profesional, incluso titulación requirida, incompatibilidades con outras profesións, así como exercer cantas funcións lle sexan encomendadas pola Administración Pública colaborando con ela para o mellor cumprimento dos seus fins.

n) Participar cando sexa requirido nos consellos e organismos consultivos das distintas Administracións Públicas en materias da súa competencia profesional, informar os plans de estudio propios da titulación de psicóloga/o, colaborar na formación práctica dos/as futuros/as titulados/as e preparar a información necesaria para facilitar o acceso á vida profesional das/os novas/os psicólogas/os.

o) Facilitar aos Tribunais de Xustiza a relación de colexiados/as que poidan ser requiridos/as como peritos/as en asuntos xudiciais, ou designalos por si mesmo cando proceda.

p) Emitir de oficio ou cando sexa requirido pola respectiva Administración Pública, informes e ditames en procedementos xudiciais e administrativos nos que se susciten cuestións que afecten a materias de competencia profesional.

q) Cumprir e facer cumprir ás/aos colexiadas/os os Estatutos profesionais e regulamentos colexiais así como as normas e decisións adoptadas polos órganos colexiais en materia da súa competencia.

r) Velar pola correcta distribución e uso das probas e material psicolóxico.

s) Crear Seccións profesionais e Delegacións territoriais e elaborar os seus regulamentos respectivos.

t) Crear o Rexistro de sociedades profesionais do COPG e mantelo actualizado.

u) Cantas outras funcións lle atribúan as disposicións legais ou redunden en beneficio dos intereses profesionais dos/as colexiados/as ou da profesión.

Localización

© pelloquin.com

Delegaciones

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org