Presentación do libro sobre Fernando Calvet no Día da Ciencia
O vindeiro 3 de outubro de 2025, ás 12:00 horas, a Facultade de Química da Universidade de Santiago acollerá a presentación do libro Fernando Calvet i Prats. Modernizador da química e promotor da industria farmacéutica en Galicia, no marco da celebración do Día da Ciencia en Galicia 2025.
O acto contará coa intervención de Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias; Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega; e Jesús Sanmartín Matalobos, decano da Facultade de Química da USC.
Posteriormente, celebrarase unha mesa redonda cos autores do libro, na que participarán Pedro Merino (coordinador da publicación e catedrático emérito da Universidade de Vigo), Manuel Freire Rama (catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC) e Francisco Díaz-Fierros Viqueira (catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC).
Fernando Calvet i Prats (1903-1988), nado en Vilafranca del Penedès, foi un científico de referencia internacional e pioneiro na modernización da química en Galicia. Na USC fundou o primeiro laboratorio de Química Orgánica e liderou a creación dos laboratorios Zeltia, desde os que se patentaron máis dunha decena de especialidades farmacéuticas nun só ano.
O acto rematará ás 13:00 horas co peche institucional.
Últimas noticias
El 20 de junio celebramos el II Simposium y Premios
El 20 de junio celebramos en Santiago el II Simposium Innovación Tecnológica y Compromiso Social y los Premios UPDG 2026 en reconocimiento a la excelencia profesional.
La Unión Europea busca expertos en Ciencias Sociales
La Comisión Europea busca expertos en Ciencias Sociales y Humanidades para evaluar y supervisar proyectos de Horizon Europe, con remuneración y compensación de gastos.
Estamos en el debate con la Consellería de industria
Estamos en el debate con la Consellería de IndustriaUna representación de unión profesional de Galicia ha estado presente en el coloquio debate con la Consellería de industria de la Xunta de Galicia. María Jesús Lorenzana volvió a reivindicar a Galicia como centro...


