Declaración ante os graves incendios forestais

Unión Profesional de Galicia (UPDG) e Unión Profesional manifestan a súa profunda preocupación polos graves incendios forestais que están a afectar diferentes zonas de España, causando vítimas e importantes danos ambientais, sociais, económicos e sobre o territorio. Ambas organizacións expresan tamén a súa solidariedade coas persoas afectadas e o seu recoñecemento ao labor exemplar dos profesionais que participan na resposta á emerxencia.

Reforzar a prevención e a colaboración

Na declaración conxunta, ambas entidades subliñan a necesidade de continuar reforzando as políticas de prevención, anticipación, planificación e adaptación fronte a fenómenos cada vez máis complexos e intensos. Do mesmo xeito, defenden a importancia de fortalecer a cooperación entre as administracións públicas, a comunidade científica, as corporacións profesionais e a sociedade civil para afrontar con maior eficacia este tipo de emerxencias.

O compromiso das profesións colexiadas

Unión Profesional e Unión Profesional de Galicia reiteran o compromiso das profesións colexiadas co interese xeral, poñendo ao servizo da sociedade o seu coñecemento e experiencia para achegar solucións técnicas, científicas e sociais que contribúan á protección das persoas, á recuperación dos territorios afectados e ao fortalecemento da resiliencia das comunidades. A declaración destaca tamén a importancia do enfoque «One Health» (Unha Única Saúde), que recoñece a estreita interconexión entre a saúde humana, a saúde animal e o medio ambiente.

As profesións, un recurso esencial nas emerxencias

A declaración conclúe reafirmando o compromiso de ambas organizacións para continuar impulsando a colaboración multidisciplinar e o traballo conxunto coas administracións públicas e co resto de actores implicados, promovendo solucións prácticas que permitan avanzar cara a unha xestión máis eficaz das emerxencias e unha sociedade mellor preparada ante fenómenos extremos.

Pola súa banda, Unión Profesional de Galicia reivindica o papel que poden desempeñar as distintas profesións colexiadas ante emerxencias e catástrofes deste tipo, facilitando a localización e coordinación dos profesionais necesarios en cada situación e situando sempre a protección da vida das persoas por riba de calquera outro interese.

Más noticias

Sumámonos á campaña «Casilla Empresa Solidaria»

Sumámonos á campaña «Casilla Empresa Solidaria»

Sumámonos á campaña «Casilla Empresa Solidaria»Unión Profesional de Galicia súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria Unión Profesional de Galicia, tal e como aconteceu o pasado ano, súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria, impulsada dende EAPN Galicia-Rede...