Presentación do libro sobre Fernando Calvet no Día da Ciencia

O vindeiro 3 de outubro de 2025, ás 12:00 horas, a Facultade de Química da Universidade de Santiago acollerá a presentación do libro Fernando Calvet i Prats. Modernizador da química e promotor da industria farmacéutica en Galicia, no marco da celebración do Día da Ciencia en Galicia 2025.

O acto contará coa intervención de Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias; Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega; e Jesús Sanmartín Matalobos, decano da Facultade de Química da USC.

Posteriormente, celebrarase unha mesa redonda cos autores do libro, na que participarán Pedro Merino (coordinador da publicación e catedrático emérito da Universidade de Vigo), Manuel Freire Rama (catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC) e Francisco Díaz-Fierros Viqueira (catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC).

Fernando Calvet i Prats (1903-1988), nado en Vilafranca del Penedès, foi un científico de referencia internacional e pioneiro na modernización da química en Galicia. Na USC fundou o primeiro laboratorio de Química Orgánica e liderou a creación dos laboratorios Zeltia, desde os que se patentaron máis dunha decena de especialidades farmacéuticas nun só ano.

O acto rematará ás 13:00 horas co peche institucional.

Últimas noticias

Enrédate: Donde las conexiones profesionales cobran vida

Enrédate: Donde las conexiones profesionales cobran vida

Este año, Enrédate se reinventa para ofrecerte una jornada de networking intensa y enriquecedora. Te contaremos por qué este evento, diseñado para la conexión y la colaboración, es tu mejor aliado para impulsar tu carrera y tus proyectos.