20Nov.(Nov. 20)19:3021(Nov. 21)21:30Mulleres na Música Galega
Detalles del evento
Mulleres na Música Galega ten o pracer de convidarte a celebrar o seu 10º aniversario nunha edición especial composta por dous encontros que terán lugar na cidade da Coruña os
Detalles del evento
Mulleres na Música Galega ten o pracer de convidarte a celebrar
o seu 10º aniversario nunha edición especial composta por dous
encontros que terán lugar na cidade da Coruña os días 20 e 21 de
novembro, co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Xoves, 20 de novembro · 19:30 h
Museo de Belas Artes da CoruñaActo de homenaxe a Milagros Porta Siso,
Sofía Oriana Infante e María del Pilar Couceiro.
Venres, 21 de novembro · 19:30 h
Círco de Artesáns da CoruñaHomenaxe a María Muñoz de Quevedo, Margarita Viso e María Luisa Nache.
Ambas as dúas xornadas contarán coa participación especial do Grupo Vocal
EntrElas, fundado por Ileana Delgado Fuentes e dirixido por Ana Rifón Lastra,
acompañadas ao piano por Sara Petrizzo e con intervencións solísticas de Ana
Belén Manteiga. As actividades incluirán charlas e encontros musicais que
poñen en diálogo distintas xeracións de mulleres cun papel fundamental na
música galega. A entrada é libre ata completar aforo, polo que se recomenda
chegar con antelación. Mulleres na Música Galega, coordinada pola Asociación
Cultural Tres por Cuatro e Muiscarte, cumpre unha década dedicada a recuperar
e difundir a memoria das creadoras que construíron a nosa tradición musical.
Estaríamos encantadas de contar coa túa presenza nesta celebración tan especial.
Más
Hora
20 de Noviembre de 2025 19:30 - 21 de Noviembre de 2025 21:30(GMT+01:00)