
A Cidade da Cultura acolle Espazo CIBERGalicia 2025
Os vindeiros 22 e 23 de outubro, a Cidade da Cultura de Galicia acollerá Espazo CIBERGalicia 2025, un encontro impulsado pola Cátedra Economía da Ciberseguridade USC–INCIBE, que porá o foco no emprendemento tecnolóxico e na ciberseguridade con impacto real.
A participación activa de startups galegas punteiras en ciberseguridade, a través de demostracións en directo o primeiro día, e a presentación dos resultados da Cátedra o segundo, serán os piares desta edición.
O programa está deseñado para conectar talento, proxectos e oportunidades entre empresas, institucións e universidade. O evento configúrase como unha actividade de interese para o alumnado e persoal investigador da USC, tanto pola posibilidade de descubrir a ciberseguridade como unha rama de especialización profesional, como pola oportunidade de coñecer de primeira man as principais empresas galegas do sector.
O 22 de outubro, a xornada centrarase nas empresas, o emprendemento e o coñecemento en ciberseguridade, con demostracións de Tarlogic, Forensic & Security, InprOTech Guardian e dooingIT, así como unha mesa redonda sobre os perigos dos ciberataques para as pequenas empresas.
O 23 de outubro, presentarase o Observatorio de Ciberseguridade, os resultados dos barómetros realizados a empresas e cidadanía, así como o demo “Risk Sentinel – AI – Powered Cyber Risk and Impact Index”. O evento concluirá cun diálogo sobre o legado da Cátedra e os retos que veñen
Enrédate: Donde las conexiones profesionales cobran vida
Este año, Enrédate se reinventa para ofrecerte una jornada de networking intensa y enriquecedora. Te contaremos por qué este evento, diseñado para la conexión y la colaboración, es tu mejor aliado para impulsar tu carrera y tus proyectos.
El Sabadell impulsa la salud y el bienestar del negocio
Banco Sabadell ofrece cuentas sin comisiones, TPV gratuitos y seguros con beneficios para negocios del sector salud y bienestar.
Seguro baja laboral a medida para autónomos
Descubre los seguros de baja laboral de Previsión Mallorquina, diseñados para proteger a profesionales autónomos con coberturas específicas.
Copyright G Estudios Multimedia 2025 – Aviso Legal – Política de cookies – Política de privacidad