TaleS impulsa o talento emprendedor dos maiores de 50 anos

A experiencia profesional acumulada ao longo dos anos pode ser tamén o punto de partida para novos proxectos, ideas e oportunidades.

O Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE) e o Centro de Investigación Ageingnomics de Fundación MAPFRE lanzan a V edición de TaleS, un programa gratuíto destinado a persoas maiores de 50 anos que queiran emprender, reinventarse profesionalmente ou ampliar a súa rede de contactos.

A iniciativa conta coa colaboración dunha rede de 12 universidades públicas de toda España e ofrece formación práctica, metodoloxías áxiles, mentoría especializada e acompañamento para desenvolver e validar novas ideas.

Para participar non é necesario contar previamente cun proxecto empresarial definido. O punto de partida é a vontade de aprender, compartir experiencia e seguir achegando valor á sociedade.

Ademais, os participantes poderán optar a premios nacionais de ata 2.000 euros.

Desde Unión Profesional de Galicia contribuímos á difusión dunha iniciativa que pon en valor o coñecemento, a experiencia e a capacidade dos profesionais sénior para continuar desenvolvendo novos proxectos.

📅 Prazo de inscrición: ata o 30 de outubro.

Más noticias

Antonio Macho miembro de honor

Antonio Macho miembro de honor

Antonio Macho miembro de honorEl expresidente de Unión Profesional de Galicia Antonio Macho Senra ha sido nombrado miembro de honor del colegio en una ceremonia que ha sido presidida por la Directora Territorial de sanidad Cristina Fernández, el Delegado territorial...

Curso de Contratación Pública COAG-EGAP

Curso de Contratación Pública COAG-EGAP

Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG-EGAPO DOG publicou o día 9 de setembro a convocatoria oficial do Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, que se desenvolverá no marco de colaboración subscrito entre o Colexio Oficial de...