17Mar10:0011:00PRESENTACIÓN DAS CONVOCATORIAS DO CLÚSTER 2 DE HORIZONTE EUROPA

Detalles del evento

XORNADA DE PRESENTACIÓN DAS CONVOCATORIAS DO CLÚSTER 2 DE HORIZONTE EUROPA

O vindeiro 17 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela unha Xornada de presentación das convocatorias 2026 e 2027 do Clúster 2 de Horizonte Europa para Cultura, Creatividade Sociedade inclusiva. Estas convocatorias financiarán proxectos nos ámbitos de Promoción da Democracia, Patrimonio Cultural, Industrias Creativas e Transformación Social.

Día: 17 marzo 2026

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación

(Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

Hora: 10h.

A xornada, organizada pola Axencia Galega de Innovación, terá lugar na sede da Axencia (Rúa Airas Nunes s/n) e contará coa participación de Adeline Marcos, Punto Nacional de Contacto para este Cluster, que ademais de presentar as novidades, estará dispoñible para manter reunións bilaterais cos investigadores/as que estean a preparar unha proposta.

Nesta ligazón pode acceder ao Programa e mais ao formulario de inscrición. No formulario poderá tamén solicitar unha reunión bilateral e seleccionar a convocatoria do seu interese.

Más

Hora

17 de Marzo de 2026 10:00 - 11:00(GMT+01:00)