Un evento imprenscindible de ciberseguridade
Desde o proxecto CIBERECO temos o pracer de convidar a toda a comunidade universitaria a unha innovadora iniciativa que será o evento CIBERECO Lab, un espazo de intersección útil para a seguridade dixital, onde abordar escenarios reais desde unha perspectiva práctica.
Tras dous anos de investigación no proxecto estratéxico, liderado pola USC e financiado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade, INCIBE, o mércores 25 de febreiro a Cidade da Cultura acollerá esta experiencia de transferencia de coñecemento e conexión ciencia–empresa–sociedade.
O programa está deseñado como unha xornada completa dedicada á sensibilización, formación, divulgación e asesoramento en ciberseguridade, dirixida tanto a PEMES, como a profesionais, estudantado, persoal investigador e axentes do ecosistema galego da ciberseguridade.
O evento configúrase como unha actividade divulgativa de grande interese para o alumnado e o persoal investigador da USC, tanto para mellorar as súas capacidades en ciberseguridade como para coñecer os resultados do proxecto CIBERECO.
Por iso, adxuntamos a información necesaria para que poidades asistir ao evento, xunto co programa completo:
- Programa completo: CIBERECO LAB – CIBERECO
-
Requírese inscrición previa (gratuita): Inscripción
Porase a disposición un autobús que realizará o traxecto Rúa da Rosa, 12 – Cidade da Cultura de Galicia, cos seguintes horarios. Será necesaria a inscrición previa para o uso do servizo.
- Ida: Salida desde Rúa da Rosa 09:00h y 15:30h
- Vuelta: Salida desde Cidade da Cultura 14:45h y 18:30h
Agardamos que sexa do voso interese!
Más noticias
Odontólogos y fisioterapeutas juntos frente a la ATM
El ICOEC y el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia organizan una jornada que pone en valor la colaboración entre profesiones sanitarias.
Sumámonos á campaña «Casilla Empresa Solidaria»
Sumámonos á campaña «Casilla Empresa Solidaria»Unión Profesional de Galicia súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria Unión Profesional de Galicia, tal e como aconteceu o pasado ano, súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria, impulsada dende EAPN Galicia-Rede...
Unha viaxe para descubrir Exipto, prazas limitadas
Atlántida Travel organiza unha viaxe exclusiva a Exipto con saída directa desde A Coruña, grupo reducido e prazas limitadas.


