Un evento imprenscindible de ciberseguridade

Desde o proxecto CIBERECO temos o pracer de convidar a toda a comunidade universitaria a unha innovadora iniciativa que será o evento CIBERECO Lab, un espazo de intersección útil para a seguridade dixital, onde abordar escenarios reais desde unha perspectiva práctica.
Tras dous anos de investigación no proxecto estratéxico, liderado pola USC e financiado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade, INCIBE, o mércores 25 de febreiro a Cidade da Cultura acollerá esta experiencia de transferencia de coñecemento e conexión ciencia–empresa–sociedade.
O programa está deseñado como unha xornada completa dedicada á sensibilización, formación, divulgación e asesoramento en ciberseguridade, dirixida tanto a PEMES, como a profesionais, estudantado, persoal investigador e axentes do ecosistema galego da ciberseguridade.
O evento configúrase como unha actividade divulgativa de grande interese para o alumnado e o persoal investigador da USC, tanto para mellorar as súas capacidades en ciberseguridade como para coñecer os resultados do proxecto CIBERECO.
Por iso, adxuntamos a información necesaria para que poidades asistir ao evento, xunto co programa completo:
Porase a disposición un autobús que realizará o traxecto Rúa da Rosa, 12 – Cidade da Cultura de Galicia, cos seguintes horarios. Será necesaria a inscrición previa para o uso do servizo.
  • Ida: Salida desde Rúa da Rosa 09:00h y 15:30h
  • Vuelta: Salida desde Cidade da Cultura 14:45h y 18:30h
Agardamos que sexa do voso interese!

Más noticias

Aprobación de los nuevos Estatutos UPDG

Aprobación de los nuevos Estatutos UPDG

Aprobación de los nuevos Estatutos de Unión Profesional de GaliciaLa Consellería de Presidencia, Justicia y Deportes de la Xunta de Galicia, nos ha comunicado la aprobación e inscripción de los nuevos estatutos de Unión Profesional de Galicia, fruto de su aprobación...