Sri Lanka: unha viaxe para aprender a mirar
Hai destinos que se visitan. E hai outros que nos obrigan a mirar doutra maneira.
Unión Profesional de Galicia dá a coñecer unha proposta de Atlántida Travel especialmente singular: unha expedición de 14 días por Sri Lanka acompañada polo fotógrafo Tino Soriano, que permitirá descubrir o país non só a través dos seus grandes lugares, senón tamén das persoas, paisaxes e escenas cotiás que constrúen a súa identidade.
A saída está prevista para o 30 de outubro de 2026, cun percorrido que atravesará boa parte desta illa do Índico: desde antigas cidades reais e templos budistas ata parques nacionais, plantacións de té, pequenas aldeas e algunhas das paisaxes naturais máis espectaculares do país.
Un dos grandes valores diferenciais desta viaxe será o acompañamento de Tino Soriano, fotógrafo cunha extensa traxectoria documental e de viaxes, que permitirá achegarse ao destino cunha mirada especialmente atenta á luz, ás persoas e aos pequenos detalles que habitualmente pasan desapercibidos.
O itinerario levará aos viaxeiros ata a antiga cidade de Anuradhapura, primeira capital do reino; os parques nacionais de Wilpattu, Minneriya e Yala; a espectacular Sigiriya e a Rocha do León; as covas de Dambulla ou Kandy, a cidade máis sagrada de Sri Lanka e lugar no que se conserva a reliquia coñecida como o Dente de Buda.
Pero o programa busca tamén o contacto co país que existe máis alá dos monumentos. Inclúe a visita a unha aldea rural, encontros coa poboación local, actividades relacionadas coa agricultura e clases de cociña, ademais dun percorrido polas famosas plantacións de té das terras altas.
A natureza ocupará igualmente un lugar protagonista, con safaris para descubrir a extraordinaria fauna da illa e unha saída en barco desde a costa sur para tratar de avistar baleas azuis e diferentes especies de golfiños.
O percorrido complétase con Galle y Colombo, mostrando el contraste entre la herencia colonial, la espiritualidad, la naturaleza y la realidad contemporánea de un país de enorme riqueza cultural.
A viaxe ten unha duración de 14 días / 13 noites e un prezo de 3.490 euros por persoa, cun suplemento de 750 euros para habitación individual. Inclúe voos internacionais, taxas, aloxamento en media pensión máis un xantar, transporte privado, guía local de fala hispana, visitas e entradas detalladas no programa, seguro de grupo e, especialmente, o acompañamento de Tino Soriano durante a expedición.
Unha oportunidade para coñecer Sri Lanka desde unha perspectiva diferente. Porque ás veces viaxar significa chegar moi lonxe; outras, significa regresar sabendo mirar un pouco mellor.
Saída: 30 de outubro de 2026
Duración: 14 días / 13 noites
Prezo: 3.490 €
Suplemento habitación individual: 750 €
Más noticias
O Nilo, Abu Simbel e Luxor nunha viaxe excepcional
Atlántida Travel propón unha viaxe de oito días a Exipto durante a ponte de decembro, con voos directos desde A Coruña e cruceiro polo Nilo.
Declaración ante os graves incendios forestais
Unión Profesional de Galicia e Unión Profesional expresan a súa preocupación polos incendios forestais e reivindican o papel das profesións colexiadas na prevención e xestión das emerxencias.
Curso intensivo de técnicas de comunicación de crisis
UPDG organiza un curso práctico sobre comunicación de crisis para colegios profesionales los días 16 y 17 de octubre de 2026 en Santiago.


