A organización abriu o prazo de presentación das candidaturas, que remata o día 10 de xuño


O CPEIG convoca a sexta edición do premio  proxecto fin de carreira, dotado con 1.000 euros

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a sexta edición do Premio Proxecto Fin de Carreira, dirixido a estudantes e recén titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría en Informática. O premio ascende a 1.000 euros.

Poden concorrer ao premio todas aquelas candidaturas que presentasen o proxecto de fin de carreira de Enxeñaría en Informática, traballo fin de master de Enxeñaría Informática ou de calquera outra titulación que legalmente habilite ou vincule para o exercicio da profesión. Os traballos deberon presentarse durante os anos 2013, 2014 ou 2015 nunha das universidades galegas.

Todos aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa  (ficha resumo do proxecto, resumo  e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de xuño ao seguinte enderezo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Unha comisión experta, integrada por docentes universitarios e representantes do CPEIG, valorará os traballos recibidos e seleccionará o gañador. As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa dispoñibles no portal www.cpeig.org

Mediante o galardón, o ente colexial busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes.

A convocatoria realizada polo CPEIG insírese nos Premios da Sétima Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que o ente colexial organizará o 26 de xuño, en Santiago de Compostela. Este evento anual representa un punto de encontro entre todos os colexiados e conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos.


Fuente: CPEIG
Fecha: 25 febrero 2015

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org