O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o cuarto encontro “Vozes Contra a Violencia”

Noticias de Interés General

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o cuarto encontro “Vozes Contra a Violencia”

A iniciativa desenvolverase o 25 de novembro, no pub Ultramarinos de Santiago, para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A organización convida a todas as voces creativas que queiran unirse a este acto cultural, solidario e reivindicativo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2013.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración co pub Ultramarinos de Santiago de Compostela, celebra o vindeiro luns 25 de novembro o cuarto encontro de “Vozes Contra a Violencia”. Trátase dunha iniciativa cultural, solidaria e reivindicativa, co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O encontro comezará ás 20:00 horas e é unha convocatoria aberta. A organización convida a todas aquelas voces tanto do mundo da poesía e a literatura, como doutras artes creativas, que queiran sumarse. Entre as participantes xa confirmadas están Dores Asorei, Uxía Senlle, Luz Fandiño, Iolanda Aldrei, Rochi Novoa, Ro Palomera e Concha Rousia. O COPG tamén estende o chamamento a todos os cidadáns que queiran asistir e enviar á sociedade a mensaxe de “Non á Violencia”.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra a importancia de ofrecer tratamento ás vítimas da lacra dos malos tratos: tanto as mulleres, como as súas fillas e fillos. Pero para combater a violencia machista dun xeito integral é necesario facelo de raíz: axudando a superar as ideas patriarcais que fomentan a desigualdade.

Co lema “Non á violencia contra as mulleres”, o encontro “Vozes Contra a Violencia” procura animar e alentar á sociedade a que exprese o seu rexeitamento ante calquera tipo de agresión machista.

 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org