Máis de 50 psicólogos/as rematan a súa formación específica en Psicoloxía Sanitaria en Galicia

Noticias de Interés General

Máis de 50 psicólogos/as rematan a súa formación específica en Psicoloxía Sanitaria en Galicia

Foto-alumnos-grupo-venresUn total de 57 psicólogos e psicólogas remataron o curso "Formación en Psicoloxía Sanitaria", que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que consta con 400 horas de docencia teórica e práctica.

Desde outubro de 2012 viñéronse impartindo as sesións, que nun principio estaban destinadas para ofrecer a 15 colexiados/as pero que finalmente, e debido á elevada demanda existente, cursaron 57 colexiados/as distribuídos en catro grupos de formación.

Durante os oito meses de duración deste curso traballáronse as destrezas básicas para o exercicio da profesión, dentro dos campos da psicopatoloxía, da avaliación psicolóxica, das psicoterapias, da psicoloxía da saúde e da psicofarmacoloxía. Ademais, tratáronse cuestión éticas e legais en relación co exercicio da psicoloxía, e tamén se estimulou un pensamento crítico entre o alumnado a partir do coñecemento e da reflexión sobre o contido tratado.

Sistema pioneiro

O curso "Formación en Psicoloxía Sanitaria" tivo un total de 60 sesións presenciais e máis de 1.000 horas de traballo a distancia, sendo pioneiro dentro do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia na utilización de sistemas pechados de vídeo para as prácticas e na utilización dunha plataforma de formación on-line (http://copgalicia.eu) para a transmisión de información, a realización de titorías e para coordinar o traballo a distancia.

Foron un total de 400 horas de formación a cada grupo, tanto de teoría como de práctica, impartidas por sete docentes da especialidade da psicoloxía clínica e con experiencia nos diferentes campos a tratar. A parte teórica constou de 300 horas, que incluíron clases presenciais, múltiples traballos a distancia, test de avaliación e titorías. As 100 horas prácticas consistiron na simulación de casos clínicos, nas que outros/as psicólogos/as colexiados/as facían de actores e actrices e simulaban ter un problema susceptible de ser tratado nunha consulta de psicoloxía. Mentres que un/unha alumno/a trataba o caso, o resto dos/as compañeiros/as podían ver o que transcorría na entrevista a través dun sistema pechado de vídeo e debater sobre as diferentes intervencións aplicadas na entrevista terapéutica.

O curso, segundo as avaliacións que fixo o propio alumnado, tivo unha moi boa acollida, cualificando o temario desenvolto, a metodoloxía empregada, o labor organizativo, os contidos e os docentes dunha forma moi positiva.


Más información:  Ver documento PDF

Fuente: Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Data: 26 de junio 2013

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org