Noticias de Interés General

Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local

O COPG acusa á Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local de favorecer a desaparición do sistema de Servizos Sociais

Fuente:
Colexio Psicoloxía de Galicia

Fecha:
27/12/2013

Más información:  Archivo adjunto

 

O COPG celebra a conferencia

O COPG celebra a conferencia “O papel da/o psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo”

A actividade formativa será o sábado 14 de decembro, a partir das 10.00 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela

O relatorio estará impartido polo maxistrado Emilio Fernández de Mata

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza para o vindeiro sábado 14 de decembro a conferencia “O papel da/o psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo”. O obxecto deste relatorio é informar sobre a necesidade que os xuíces teñen dos psicólogos e psicólogas forenses en determinadas casuísticas.

Leer más...

Preparación para la obtención de la certificación PMP

El Colegio Oficial de Aparejadores, Arquitectos Técnicos e Ingenieros de Edificación de A Coruña organiza un curso on line sobre Dirección de Proyectos: Preparación para la obtención de la certificación PMP®

Este Curso On Line organizado por el COAATIEAC comenzará el 10 de enero y finalizará el 7 de marzo de 2014. Se impartirá íntegramente on line, a través de la plataforma habilitada al respecto.

El Certificado PMP® (Project Manager Professional) es el certificado de mayor reconocimiento internacional para la gestión de proyectos en todos los sectores industriales.

La obtención de este certificado aporta un enorme valor, tanto para los profesionales que obtienen la certificación, como para las empresas en las que trabajan, ya que cada vez más empresas privadas y públicas exigen que los Project Manager que dirigen los proyectos posean esta certificación.

Una vez aprobado el examen, y obtenida la certificación, ésta es válida tanto en España como en el extranjero.

Leer más...

Intervención psicolóxica na enfermidade física crónica

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra a reedición do curso  “Intervención psicolóxica na enfermidade física crónica”

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza para o días 13 e 14 de decembro a segunda edición do curso “Intervención psicolóxica na enfermidade física crónica”. A actividade formativa desenvolverase no Salón de Actos do Hospital Marítimo de Oza da Coruña e estará impartida polo psicólogo clínico Jorge García Fernández.

Leer más...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entrega os premios literarios “Rosa de Cen Follas”

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entrega os premios literarios “Rosa de Cen Follas”

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fará entrega o vindeiro martes 10 de decembro dos premios literarios “Rosa de Cen Follas”. O concurso, convocado polo COPG, cumple xa a súa sexta edición.

Na modalidade de poesía, a galardoada este ano é Azucena Arias Correa, pola obra “Silencio cómplice”. Na categoría de narrativa, o autor recoñecido é Carlos Méndez Leis, polo seu escrito “Cobiza”. Será a decana do COPG, dona María Rosa Álvarez, quen fará entrega dos recoñecementos, acompañados dun premio en metálico para cada modalidade e da tradicional rosa conmemorativa. Os gañadores serán convidados a ler as súas pezas aos asistentes, ao igual que aqueles participantes que o desexen.

Leer más...

Noticias de Interés General

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia rexeita a LOMCE por considerala discriminatoria e negativa para o alumnado

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) amosa o seu total desacordo coa recén aprobada lei de Educación LOMCE. As psicólogas e psicólogos educativos consideran que a LOMCE atenta contra un ensino público de todos e para todos, que debe sustentarse nuns principios básicos fundamentados na atención á diversidade do alumnado.
As diferenzas sociais, lingüísticas, de raza, de crenzas e de cultura, enriquécenos como persoas. Contrariamente, a LOMCE permite o segregacionismo do alumnado ata por razón de xénero, salvagardando os concertos económicos cos centros privados que o practican. A nova lei non respecta a pluralidade, recortando ademais a porcentaxe para fixar os currículos nas comunidades, rebaixando ese espazo de autonomía que representa o ensino da lingua galega.
Leer más...

Los dentistas celebraron en Vigo un curso sobre estética en implantes
El colegio de Odontólogos y Estomatólogos celebró el pasado día 23 de noviembre y en Vigo, un curso sobre “Estética en implantes. Manejo de tejidos duros y blandos”.

La rehabilitación estética de un paciente con patología dental suele requerir un abordaje multidisciplinar que representa un desafío considerable. A través de numerosos casos clínicos complejos,  los conferenciantes abordaron los diferentes enfoques para la resolución adecuada de los tratamientos expuestos.

Los contenidos del curso se centraron en la regeneración ósea y modelación de los tejidos blandos, describiendo al mismo tiempo la parte protésica de estos tratamientos multidisciplinares.

 

O  ente colexial acada descontos en  matriculación para formación específica. O CPEIG asina unha batería de novos convenios que incrementan as vantaxes de colexiación
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013. O  Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de asinar distintos acordos con entidades a prol de mellores e máis vantaxes para a colexiación. Os beneficios céntranse na mellora da formación especializada.
Fuente: Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia
Data: 27 noviembre 2013

Leer más...

Aprobada la nueva Directiva europea que permitirá una mejor movilidad de los profesionales
Madrid, 20 de noviembre del 2013/ Después de tres años de intenso trabajo e interlocución con las partes implicadas, el pasado viernes, 15 de noviembre, el Consejo de la Unión Europea aprobaba el texto que modifica la Directiva 2005/36 de Reconocimiento de Cualificaciones Profesionales. La revisión efectuada durante estos años tenía como objetivo hacer más eficiente el sistema de reconocimiento mutuo de las cualificaciones existente en la Unión Europea (UE) y, con ello, facilitar una mayor y mejor movilidad de los trabajadores cualificados en la UE.
Fuente: Unión Profesional
Data: 20 noviembre 2013

Leer más...

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) celebra o curso “Abordaxe da intervención psicolóxica en centros educativos”
O relatorio será o sábado 30 de novembro, a partir das 09:30 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.
 A actividade está dirixida aos psicólogos e psicólogas do GIPCE, para previr trastornos emocionais a menores que se vén envoltos nunha situación de emerxencia.
Leer más...

Declaración institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co gallo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller
Con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere amosar o seu total compromiso coa erradicación de calquera agresión física, verbal ou social que sufran as mulleres ás mans das súas parellas ou ex-parellas.
A Xunta de Goberno do COPG,  Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2013
Leer más...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o cuarto encontro “Vozes Contra a Violencia”
A iniciativa desenvolverase o 25 de novembro, no pub Ultramarinos de Santiago, para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A organización convida a todas as voces creativas que queiran unirse a este acto cultural, solidario e reivindicativo.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2013.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración co pub Ultramarinos de Santiago de Compostela, celebra o vindeiro luns 25 de novembro o cuarto encontro de “Vozes Contra a Violencia”. Trátase dunha iniciativa cultural, solidaria e reivindicativa, co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Leer más...

O COPG celebra as XVIII Xornadas de Psicoloxía Clínica “A ausencia: Clínica do rural mariñeiro galego”
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza para os días 15 e 16 de novembro as XVIII Xornadas de Psicoloxía Clínica. Nesta edición o eixo do encontro será “A ausencia: Clínica do rural mariñeiro galego”.
As xornadas, que se celebrarán no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en Ares, van supoñer unha oportunidade para revisar as demandas asistenciais propias do contorno rural e mariñeiro galego. Con esta finalidade, trataranse aspectos esenciais do modo de vida e de traballo que teñen influencia na maneira particular de experimentar e expresar os problemas de saúde nese contexto: a perda, o suicidio, os ausentes, a estrutura e relacións, o baleiro e a crise. É polo tanto un obxectivo fundamental facer un achegamento á problemática psicolóxica desde unha perspectiva comunitaria.
Leer más...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia denuncia que a reforma prevista do Código Penal vulnera os dereitos das persoas con trastorno mental
A normativa emitida polo Ministerio de Xustiza equipara a enfermidade mental coa perigosidade e considera á persoa con trastorno mental como suxeito perigoso.
Os psicólogos alertan de que a maioría das defensas ocultarán a enfermidade para afrontarse a unha condena concreta e non á posibilidade dun internamento indefinido.
A modificación do Código Penal non responde necesidades novas de política criminal e está motivada por prexuízos ideolóxicos e un afán populista.
Leer más...



Carlos Carnicer comparece en el Senado para informar sobre el impacto del Anteproyecto de Ley de Servicios y Colegios Profesionales

Medio: Nota de Prensa de Unión Profesional
Data: 6 de noviembre de 2013
 Ver documento

O GIPCE recolle a Placa da Honra do Mérito Civil concedida pola S.M. o Rei polo seu traballo na traxedia ferroviaria de Angrois
O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, que pertence ao COPG, recibe o galardón este sábado 26 de outubro, no Auditorio de Galicia.
A Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia recolle ademais este venres 25 en Murcia o Galardón da Psicología Murciana 2013.                                                                        
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013.- O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), vai recoller este sábado 26 de outubro a Placa de Honra do Mérito Civil, distinción outorgada pola S.M. o Rei, debido ao traballo e xestión realizados durante a catástrofe ferroviaria do Alvia.  O acto celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a partir das 11:00 horas. Ana Isabel Martínez Arranz, a Coordinadora do GIPCE, recollerá esta distinción proposta polo Ministerio de Fomento pola xenerosidade e exemplaridade amosadas durante a traxedia.
Leer más...

Os colexios oficiais reclaman un sistema público que sexa independente das flutuacións económicas.
Psicólogos e educadores alertan do gran aumento na demanda en Galicia dos servizos sociais
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013.- Os colexios profesionais de Psicoloxía e Educadores e Educadoras Sociais de Galicia únense para alertar da difícil situación na que se atopa unha maioría crecente de cidadáns que precisa dun sistema consolidado e público de servizos sociais.
Leer más...

Los Químicos advierten que los ciudadanos estarán “desprotegidos” si se reducen los controles con la Ley de Servicios y Colegios Profesionales
Medio: Comunicado del Consejo General de Colegios Químicos de España
Data: 2 de octubre de 2013
www.unionprofesionaldegalicia.org
 Ver Documento

 

“Los colegios profesionales se rebelan contra la ley que limita la colegiación”
Medio: La Voz de Galicia, Especial Actualidad / Profesiones
Data: 11 de agosto 2013, pag. 6
 Ver Documento

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia afonda nas técnicas de autocoidado para intervenientes en emerxencias
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013.- Os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán este sábado 7 de setembro nunha actividade formativa orientada ao autocoidado para intervenientes en situacións de emerxencias. Trátase dun curso de Regulación emocional baseada en mindfulness para o autocoidado do interveniente en emerxencias e catástrofes, dirixido máis concretamente aos psicólogos e psicólogas que interviñeron no accidente do tren Alvia acontecido o 24 de xullo en Santiago de Compostela.
Leer más...

Carlos Carnicer: «es un anteproyecto de ley sin consensuar con el sector y con grave riesgo para los derechos de la ciudadanía»
Medio: Unión Profesional
Data: 2/08/2013
 Ver documento

Preocupación en el sector colegial por el intento de intromisión del Gobierno
Medio: NP Unión Profesional
Data: 31/07/2013
 Ver documento

 

Colegiación obligatoria solo para sanitarios, jurídicos y técnicos
Medio: www.cincodias.com
Data: 31/07/2013
Ver noticia


O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias está atendendo ás vítimas do accidente de tren de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2013.- Todos os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias de Galicia (GIPCE) están alertados con motivo do accidente de tren acontecido esta tarde en Santiago de Compostela. Máis de 15 profesionais deste Grupo dependente do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia están xa prestando o seu servizo, atendendo ás vítimas e persoas afectadas.

Arestora, os psicólogos e psicólogas do GIPCE están actuando en diferentes localidades: no posto de mando avanzado, situado no lugar do suceso; no edificio CERSIA (San Lázaro), onde se está atendendo aos familiares dos pasaxeiros e pasaxeiras; en Ferrol e na Coruña. Ademais, tamén se desprazarán profesionais para atender ás familias ao Multiusos do Sar, que se está a habilitar como tanatorio provisional para as vítimas do accidente.

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexa expresar as súas sinceras condolencias con todas as vítimas e os seus seres queridos.

O GIPCE é un grupo de psicólogos e psicólogas colexiados e especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes. Coa súa intervención procuran minimizar o impacto nas persoas afectadas, restaurar as súas capacidades e recursos para que poidan resolver o máis eficazmente a situación de estrés e previr posibles problemas psicolóxicos posteriores. Tamén asesoran a dirección da emerxencia sobre o impacto psicolóxico das súas actuacións nos colectivos afectados, e realizan unha tarefa de autocoidado do grupo, intervindo para diminuír o nivel de estrés dos intervenientes tras realizar unha intervención.
 Nota de prensa

 

Máis de 50 psicólogos/as rematan a súa formación específica en Psicoloxía Sanitaria en Galicia

Foto-alumnos-grupo-venresUn total de 57 psicólogos e psicólogas remataron o curso "Formación en Psicoloxía Sanitaria", que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que consta con 400 horas de docencia teórica e práctica.

Desde outubro de 2012 viñéronse impartindo as sesións, que nun principio estaban destinadas para ofrecer a 15 colexiados/as pero que finalmente, e debido á elevada demanda existente, cursaron 57 colexiados/as distribuídos en catro grupos de formación.
Leer más...


Luz verde a la ley de universidades con el rechazo de toda la oposición

http://www.lavozdegalicia.es
Fuente: lavozdegalicia.es
Data: 12 junio 2013


Aprobada en el Parlamento de Galicia la nueva Ley de Universidades. Ante el rechazo de la oposición, el Gobierno gallego dice que potenciará los puntos fuertes del SUG
http://www.galiciadigital.com
Fuente: galiciadigital.com
Data: 11 junio 2013

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia oponse ao desmantelamento da rede de Centros de Orientación Familiar
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia oponse ao progresivo desmantelamento que está a sufrir a rede de Centros de Orientación Familiar (COF) nas diferentes localidades de Galicia. Con este motivo, a institución vén de adherirse ao Manifesto polo Dereito a unha Atención Pública e de Calidade da Saúde Sexual e Reprodutiva, xunto coa Plataforma SOS Sanidade Pública, o colectivo de profesionais dos COF de Galicia, a Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas e a Plataforma pola Defensa do Dereito ao Aborto.
Leer más...


Profesionais da psicoloxía en Galicia revisan a evolución do trauma tras unha intervención en crise

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013.- A evolución do trauma nas persoas tras unha intervención en crise será obxecto de actualización na vindeira acción formativa que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a través do GIPCE (Grupo de Intervención en Catástrofes e Emerxencias). Este curso celebrarase este venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño no Salón de Actos do Colexio, dirixido prioritariamente aos membros do GIPCE, pero con seis prazas abertas para o resto de colexiados/as que teñan interese neste tema.
Leer mas...

 

Químicos, físicos, biólogos y geólogos gallegos advierten posible "discriminación" en la Ley de Servicios Profesionales
Fuente: Europapress
Fecha: 28/05/2013
Leer mas...


Anuncian Ley de Colegios y Servicios Profesionales en el Plan Nacional de Reformas del Gobierno
 Ver documento

Economía enciende a la abogacía al plantear  de nuevo su liberalización
El Ejecutivo aprobará el viernes elaborar una Ley de Servicios Profesionales
Medio: La Vanguardia
Fecha: 23/04/2013
 Ver documento

Comunicado de la comunidad profesional, académica y educativa sobre el trato a las Ingenierías en Informática ante el anteproyecto de Ley de Servicios Profesionales
  Ver documento


Posible exclusión de las ingenierías en informática del Proyecto de Ley de Servicios Profesionales
  Ver documento



Expertos del ámbito universitario y profesional coinciden en el papel de los colegios profesionales en la protección de los derechos de los ciudadanos

Muzquiz_Ansuategui_BarrancoEl pasado 21 de marzo tuvo lugar en Madrid el Desayuno-Coloquio 'Los colegios profesionales y la deontología: el inherente deber de defensa del ciudadano' organizado conjuntamente entre la Cátedra de Ética de la Empresa y las Profesiones de la Universidad Carlos III de Madrid y Unión Profesional (UP), asociación que agrupa a las profesiones colegiadas españolas.

En lo que constituye el primer desayuno-coloquio celebrado por ambas entidades, expertos del ámbito profesional, profesorado universitario y estudiantes de postgrado analizaron el papel de los colegios profesionales como defensores del ciudadano y como entes reguladores de la deontología de las profesiones.

Leer más...

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org