Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas de Galicia
Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas de Galicia

Información de Contacto

Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas de Galicia
Rafael José Muiños Moreno
Avenida Pedro Barrié de la Maza, 17
15003
A Coruña
A Coruña
+34 981 226 027
+34 981 224 138
...
www.coitagalicia.org

Horario

9.00 a 13.30 y 16.00 a 19.30 horas
Junio a septiembre: 9.00 a 15.00 horas

Competencias y funciones

Finalidade do Colexio Profesional:

Os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e de Peritos Agrícolas de España son corporacións de dereito público, amparados pola Lei e recoñecidos polo Estado, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

Dentro do artigo 4 dos EE.XX. “fins e funcións” se recollen entre outros os seguintes:

“e) Participar en la elaboración de los planes de estudio e informar las normas de organización de las Escuelas Universitarias de Ingeniería Técnica Agrícola, mantener permanente contacto con las mis-mas y preparar la información necesaria para facilitar el acceso a la vida profesional de los nuevos titulados.”

“i) Organizar actividades y servicios comunes de interés para los colegiados, de carácter profesional, formativo, cultural, asistencial y de previsión y otros análogos, proveyendo al sostenimiento económico mediante los medios necesarios. “

Funcións e ámbito territorial:

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de A Coruña – Pontevedra, en adiante Colexio exercerá, no seu ámbito territorial e no marco das súas competencias, as funcións que lle asigna a Lei 11/2001, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, a lexislación básica do Estado nesta materia, e, en particular, as seguintes:

1. A representación e defensa da profesión.
2. A ordenación da actividade dos colexiados.
3. O exercizo da potestade disciplinaria.
4. A loita contra o intrusismo profesional e a competencia desleal.
5. O cobro das percepcións, remuneracións ou honorarios profesionais, cando o colexiado o solicite libre e expresamente.
6. Establecer e recadar, incluso esixir, todas as achegas económicas que determinen os Estatutos.
7. A elaboración e aprobación dos orzamentos anuais de ingresos e gastos e das súas contas e liquidacións orzamentarias.
8. O visado de todos os traballos profesionais dos colexiados.
9. A organización de actividades dirixidas á formación e perfeccionamento profesional dos colexiados.
10. A participación de forma activa na elaboración e mellora dos plans de estudio das Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica Agrícola.
11. A organización de actividades e servicios comúns, de carácter profesional, cultural, asistencial, etc..
12. A intervención como mediador nos conflictos profesionais dos colexiados.
13. A relación e coordinación con outros colexios profesionais, así como cos consellos galegos de colexios.
14. Informar os proxectos de normas da Comunidade Autónoma de Galicia que afecten aos profesionais.
15. A participación nos órganos consultivos da Administración de Galicia.
16. A emisión de informes e dictames, non vinculantes, en procedementos xudiciais ou administrativos que afecten a materias da competencia profesional.
17. A colaboración coas administracións públicas en materia das súas competencias.
18. A colaboración e garantía da prestación da función polos profesionais colexiados.
19. Actuar como árbitro nos conflictos entre colexiados e terceiros.
20. Cantas outras funcións repercutan en beneficio dos intereses profesionais dos colexiados e se encamiñen ao cumprimento dos fins colexiais.

Territorialidade:

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de A Coruña – Pontevedra, ten, como a súa denominación indica ámbito territorial nas dúas provincias.
As normas para o exercizo das súas funcións, e a delegación das mesmas, se desenvolven nos Estatutos particulares que se establezan no seu día, e actualmente se contemplan nos Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de España, e do seu Consello Xeral.
A capitalidade do Colexio está na Coruña, existindo na actualidade unha Delegación en Pontevedra.
Ademáis, grazas á colaboración cos outros colexios profesionales de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Estado e coa fórmula da “habilitación” dase cumprimento ao precepto estatutario da colegiación única, que permite o exercico profesional en rodo o territorio estatal, independentemente do Colexio territorial de adscripción do colexiado.

Atribucións:

Os Enxeñeiros Técnicos Agrícolas somos profesionais con atribucións e vinculados as titulacións da Enxeñería Técnica Agrícola por a Lei 12/1986.

Trala obtención da titulación de Enxeñería Técnica Agrícola a colexiación obrigatoria otorga a profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola coas seguintes Atribucións Profesionais:

→DIRECCIÓN DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
• Planificación e ordenación das explotacións.
• Dirección empresas agrarias.
• Xestión das cooperativas.
• Proxectos das explotacións.
• Plantacións frutais.
• Cultivos forzados, invernadoiros, túneles.
• Cultivos hidropónicos.
• Floricultura e plantas ornamentais, aromáticas e medicinais.
• Mellora do solo.
• Tratamentos fitosanitarios e control integrado.
• Producción e mellora de sementes e prantas de viveiro, ...
• Planificación e xestión de explotacións gandeiras.
• Comercialización e control de calidade.
• Agrometeoroloxía.
• Realización de ensaios.
• Análese de solo, augas e foliares.
• Legalizacións de actividades rurais
• Asesoramento e xestión de subvencións.

→CONSTRUCCIÓNS
• Proxectos de instalacións rurais
• Naves
• Proxectos de electrificación rural
• Instalacións gandeiras
• Invernadoiros
• Silos
• Almacéns
• Cerramentos
• Campos deportivos
• Depuradoras
• Desaladoiras e desalinizadoras
• Instalacións de xardinería...

→REGADíOS
• Transformacións en regadío.
• Alumbramento e prospección de augas.
• Represas, balsas, estanques, canais e acequias.
• Saneamento e drenaxes.
• Conducción das augas.
• Abancalamento e nivelación.
• Estudios de posta en regadío...

→ORDENACIÓN DO TERRITORIO E MEDIO AMBIENTE
• Camiños e vías rurais.
• Ordenación do solo.
• Estudios de impacto ambiental
• Aproveitamento e reciclaxe de residuos.
• Recuperación e conservación dos espazos naturais.
• Paisaxismo.
• Defensas antierosión.
• Parques e xardins...

→INDUSTRIAS AGRARIAS E ALIMENTARIAS
• Almazaras e extractoras de aceite.
• Matadoiros, salas de despiece, fábricas de embutidos, fiambres, conserveiras cárnicas, almacéns frigoríficos.
• Conserveiras vexetais, prantas de refrixeración e conxelación de productos hortofrutícolas e centros de manipulación de productos agrarios.
• Industrias lácteas e derivados.
• Fabricación de queisos.
• Aderezo de aceitunas, encurtidos.
• Fabricación de productos de molinería.
• Panadería e pastelería.
• Industrias de azúcar e derivados.
• Industrias derivadas do café e cacao.
• Elaboración de productos alimenticios diversos.
• Adegas, elaboración, embotellado e crianza de viños e licores.
• Pratos precociñados.

→VALORACIÓN E TOPOGRAFíA
• Tasacións de seguros agrarios.
• Valoración de fincas, construccións e industrias agrarias.
• Partición de fincas.
• Medición de fincas, levantamentos topográficos.
• Replanteos.
• Valoración de cultivos e danos os mesmos.
• Valoración de gando e explotacións cinexéticas.

Localización

© pelloquin.com

Delegaciones

DELEGACIÓN EN PONTEVEDRA
Soportais da Ferrería, 4 - 2º D
36002 Pontevedra
Tel / Fax 986 846 117
Email: delegacionpontevedra@coitagalicia.org
Web: www.coitagalicia.org

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org