Colegio Oficial de Economistas de Pontevedra
Colegio Oficial de Economistas de Pontevedra

Información de Contacto

Colegio Oficial de Economistas de Pontevedra
Juan José Santamaría Conde
C/María Berdiales, 3. Entresuelo Izq.
36201
Vigo
Pontevedra
+34 986 222 212
+34 986 221 252
...
www.economistas.org/pontevedra

Horario

Inverno_1 de outubro ao 31 de maio_9.00 a 14.00 horas e 16.00 a 19.30 horas, de luns a xoves.

Venres_ 9.00 a 14.00 horas

Verán_1 de xuño ao 30 de setembro_8.00 a 15.00 horas, de luns a venres

Competencias y funciones

FINS

O colexio ten como fins esenciais a ordenación do exercicio da profesión de economista dentro do marco legal conespondente, a representación de quen exerza a citada profesión e a defensa dos intereses profesionais das persoas colexiadas.

Ademais, terá os seguintes fins:

· Velar pola satisfacción dos intereses xerais relacionados co exercicio da profesión de economista.

· Acadar a constante mellora do nivel de calidade das prestacións profesionais dos colexiados, promovendo a súa formación e perfeccionamento.

· Cooperar na mellora dos estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio da profesión.

· Colaborar coas administracións públicas no ejercicio das súas competencias, nos termos previstos na lexislación vixente.



FUNCIÓNS

Para o cumprimento dos seus fins, o colexio ejercerá as funcións encomendadas pola lexislación básica do Estado, e como propias as seguintes:

· Ejercer no seu ámbito a representación e defensa da profesión.

· Ordenar no marco da súa competencia a actividade dos colexiados, velando pola súa ética e dignidade profesional así como conciliando os seus intereses co interese social e cos intereses da cidadanía.

· Excercer a potestade disciplinaria sobre os profesionais colexiados nos termos establecidos pola legislación vixente e por estes estatutos.

· Exercer as accións legais e adoptar as medidas necesarias para evitar o intrusismo profesional e a competencia desleal.

· Establecer baremos de honorarios a modo de orientación.

· Establecer e exixir as contribucións económicas dos colexiados.

· Elaborar e aprobar os orzamentos anuais de ingresos e gastos, así como as súas contas e liquidacións orzamentarias.

· Organizar actividades dirixidas á formación e ao perfeccionamento profesional dos colegiados.

· Participar de forma activa coas entidades de formación dos futuros titulados na mellora dos planos de estudo e na súa preparación.

· Organizar actividades e servizos comúns de carácter profesional, cultural, asistencial, de previsión e análogos que sexan de interese para os colexiados, así como de cobertura de posibles responsabilidades civís contraídas por eles no exercicio da súa profesión.

· Intervir como mediador nos conflitos profesionais que xurdan entre os colexiados.

· Relacionarse e coordinarse con outros colexios profesionais, así como cos consellos de colexios.

· Emitir informes sobre aqueles proxectos de normas que elabore a Comunidade Autónoma de Galicia ou o Estado e que afecten os profesionais integrados no colexio ou que se refiran aos fins ou funcións encomendados a este.

· Participar nos órganos consultivos da Administración de Galicia ou do Estado cando estes o requiran ou cando así se estableza na normativa vixente, e designar representantes en calquera xulgado ou tribunal en que se exixan coñecementos relativos a materias específicas, para os efectos e nos termos establecidos na Lei de axuizamento civil.

· Emitir informes e ditames, de carácter non vinculante, en procedementos xudiciais ou administrativos nos cales se susciten cuestións que afecten a materias da súa competencia profesional.

· Colaborar coas administracións públicas en materia das súas competencias, de acordo coas disposicións vixentes.

· Garantir a prestación da función pólos profesionais colexiados.

· Actuar como árbitro nos conflitos entre os colegiados e terceiros, cando así o soliciten ambas as partes.

· Procurar que os seus membros gocen, en canto ao exercicio da profesión, das liberdades, garantías e consideracións que lles son debidas, así como cooperar cos colegiados no referente aos deberes que lles impoñen as normas que regulan o exercicio da profesión.

· Constituír tribunais arbitrais no seo do colexio para dirimir cuestións entre partes que se sometan á decisión daqueles, ao amparo da lexislación vixente.

· Aqueloutras funcións que repercutan en beneficio dos intereses profesionais dos colexiados e que se encamiñen ao cumprimento dos fins colexiais.

Localización

© pelloquin.com

Delegaciones

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org