Colegio Oficial de Odontólogos y Estomatólogos de Lugo
Colegio Oficial de Odontólogos y Estomatólogos de Lugo

Información de Contacto

Colegio Oficial de Odontólogos y Estomatólogos de Lugo
Alejandro López Quiroga
Domicilio: Ramón y Cajal, 2 – 4º
27001
Lugo
Lugo
982 283 062
982 283 063
...
www.coelugo.org

Horario

Invierno (octubre a junio)
Lunes a Viernes
8.00 a 15.00 horas
Jueves
8.00 a 15.00 horas y 17.00 a 21.00 horas

Verano (julio, agosto y septiembre)
9.00 a 14.30 horas

Competencias y funciones

Orde do 2 de marzo de 2009 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Odontólogos y Estomatólogos de Lugo (DOG nº 79 do 24 de abril de 2009, pax. 7.956)

COMPETENCIA DO COLEXIO

Artigo 12. Fins

Son fins específicos do colexio os seguintes:

1. Unir as actividades dos profesionais en servizo dos altos intereses da comunidade autónoma e do Estado.

2. Representar legalmente o colectivo odontoestomatolóxico dentro da súa demarcación e os órganos de que forma parte. Así mesmo, poderá levar a representación individual de calquera dos seus colexiados.

3. Manter a disciplina e ética dos colexiados, a cooperación entre eles, facendo observar os principios deontolóxicos e ético-sociais da profesión, a súa dignidade e prestixio. Poderá elaborar os códigos e regulamentos necesarios para tal fin.

4. Amparar e defender os dereitos e o prestixio profesional dos colexiados en xeral, ou de calquera dos seus grupos ou individuos en particular, cando for mester.

5. Promover actuacións de todo tipo orientadas a perfeccionar o exercicio da profesión odontoestomatolóxica dos seus colexiados e a elevar o seu nivel moral, cultural, social, científico e material.

6. Crear, soster e fomentar obras de previsión, crédito, consumo, aseguramento e calquera outra, nos seus diversos aspectos, xa sexa con carácter obrigatorio ou voluntario. Promover, colaborar ou participar en mecanismos ou institucións de protección social dos colexiados, xubilados, doentes, inválidos, viúvas e orfos colexiais ou doutras profesións afíns.

7. Manter unha relación constante e activa coa universidade, para recibir e proporcionar orientacións actuais e útiles, e para o coñecemento das características desexables para os novos profesionais.

8. Propoñer ás autoridades competentes as medidas necesarias para obter o maior perfeccionamento do sistema asistencial, tanto privado como público, promovendo e fomentando toda iniciativa que teña por obxecto a súa mellor eficacia.

9. Estudar, e emitir informe cando sexa requirido, sobre todas as cuestións que afecten a tributación e o exercicio dos seus colexiados, representándoos corporativamente ante os organismos administrativos e fiscais de toda orde; organizar, se procedese, de acordo coa lexislación vixente.

10. Denunciar e perseguir a intrusión profesional, acudindo ante as autoridades gobernativas, xudiciais e sanitarias.

11. Prestar o auxilio pertinente ás autoridades, emitindo os informes técnicos e profesionais que se lle soliciten.

12. Organizar os servizos estatísticos necesarios aos fins da organización colexial.

13. Colaborar cos organismos competentes para establecer as condicións de exercicio profesional nas distintas modalidades ou especialidades odontoestomatolóxicas, regulando e impoñendo as condicións de prestación de servizos que sexan de obrigado acatamento, garantindo o respecto e a observancia das normas reguladoras de traballo en todos os seus aspectos.

14. Intervir informando os organismos pertinentes, en todas as disposicións oficiais que afecten, na nosa comunidade, a profesión que encadra.

15. Establecer o réxime económico do colexio e todos os órganos que cre.

16. Levar o censo de profesionais e rexistro de títulos.

17. Exercer a xurisdición disciplinaria, conforme as disposicións establecidas neste estatuto.

18. Editar as publicacións necesarias para información xeral e científica de todos os colexiados, así como circulares e cursos que sexan precisos.

19. Organizar os servizos de asesoramento xurídico, e de calquera orde en xeral, que se consideren convenientes.

20. Fomentar actos de tipo cultural e científico.

21. Intervir e ditar laudos que se coiden procedentes dos conflitos derivados da actividade profesional entre colexiados, entre eles e os seus pacientes ou as administracións, cando sexa solicitada e aceptada a súa intervención.

Localización

© pelloquin.com

Delegaciones

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org